
Aviso Importante: Actualización da programación do Venres de Compadreo
13/02/2026Tres días despois. A música calou, as rúas volveron á normalidade e a rutina recuperou o seu pulso… pero o Entroido segue moi presente.

Segue no eco do estrondo das chocas dos cigarróns, que aínda resoa na memoria colectiva dun pobo que sabe celebrar o que é.
O Entroido 2026 rematou, mais queda o orgullo do vivido. E por iso queremos dicir, unha vez máis: 𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦.
Grazas ás e aos voluntarios de Protección Civil de Verín, do Concello de A Gudiña, Protección Civil A Coruña e Protección Civil Ferrol, polo seu compromiso e traballo incansable nos dispositivos de seguridade.
Grazas á Policía Local, á Garda Civil, a Ambulancias Sil e ao GALI da AXEGA 112 Galicia, por velar en todo momento pola seguridade de todas e todos.
Grazas a todas as persoas que forman parte da organización, ao persoal municipal e a quen traballa para que cada detalle encaixe e a festa sexa unha realidade.
Grazas tamén ao tecido empresarial e hostaleiro de Verín, que co seu apoio constante e implicación contribúe de maneira decisiva a facer medrar o noso Entroido. A súa colaboración activa reforza o impacto social e dinamiza a vida da vila nestes días tan especiais.
E, sobre todo, grazas á alma do Entroido:
Ás comparsas, aos cigarróns, ás carrozas, ás máscaras e a cada persoa que mantén viva esta tradición con paixón e orgullo. Sen vós, o Entroido de Verín non sería posible.
O Entroido é moito máis ca unha festa: é identidade, é comunidade, é sentimento compartido.
Agora volvemos á rutina…
pero co corazón aínda marcando o ritmo das chocas.
Grazas, Verín… ata o próximo ano. 💛💜



